
Mural antipolución de temática ambiental realizado sobre un muro artificial de 2×3 metros da man de 1 artista profesional.
Este traballo será realizado con pinturas fotocatalíticas. Estas pinturas, creadas mediante nanotecnoloxía e pigmentos naturais, teñen capacidade para purificar o aire ao descompoñer os contaminantes atmosféricos, responsable do efecto invernadoiro. Cada metro cadrado pintado equivale ao efecto depurativo que ten unha árbore adulta sobre o medio ambiente, fusionando deste xeito arte e activismo ecolóxico para xerar un impacto positivo na contorna.
Este formato axústase á liña “Eco Friendly” que define ao noso festival e que está aliñada cos obxectivos de desenvolvemento sostible da axenda 2030 (ODS), buscando reducir ao máximo as emisións de dióxido de carbono (CO₂) e compensar as que non se poden evitar, co obxectivo de lograr un impacto climático neutro ou mesmo positivo na contorna do festival.
Artista

Artista Mural
Presentación.
