O Festival
Compostela Street é un dos festivais de cultura urbana e deportes extremos con maior repercusión a nivel nacional. Este evento terá lugar os días 19, 20 e 21 de setembro de 2025 en Santiago de Compostela, nun emprazamento inmellorable como é a contorna das pistas deportivas do Campus Sur Universitario da USC.
O festival que é de entrada libre, contará con ata 10 disciplinas urbanas e congregará a preto de 500 competidores que tomarán protagonismo nas diferentes probas internacionais, nacionais e autonómicas de disciplinas como o Street Workout (campionato internacional), Breaking (campionato de España), Beatbox, Freestyle, Skate ou Basket 3×3.
A parte das competicións deportivas, a programación inclúe gran variedade de propostas culturais como concertos de música urbana, certames e exhibicións de Street Art, ademais de talleres e parques urbanos “Open Parks” abertos á participación, onde se instalará un PumpTrack (para BMX, Skate, Roller e Scooter), un Parkour Park ou unha pista de Street Football.
En canto á oferta de lecer, o evento terá outros servizos como un Street Studio (estudo de gravación e produción musical), unha Street Barber, unha zona gastro con Foodtrucks e un Street Market que estarán situados no perímetro do estanque do campus, próximo ás pistas deportivas.